[Galiza] Propaganda para descargar e distribuir, en Solidariedade coas Anarquistas Detidas en 30 de Marzo no marco da Operación Piñata.

cartaz-a3

pegata-soli-a41

Nos remiten vía correo este material para descargar e difundir en solidariedade con as detidas onte: Cartaz en formato A3, pegata solidaria en A4 recortábel e unha volatina (con o mesmo texto da pegata pero en formato pdf). Tedes aceso a todos eles neste enlace, se ben avisamos que caduca en pouco tempo, polo que vos animamos a descargalos canto antes, e se alguén ten xeito de subilos a outra web que envíe un comentario con o enlace para a descarga.

Lembrar que hoxe está convocada unha Concentración de Apoio en A Coruña ás 20 hs. no Obelisco.

Alén adiantamos que en Compostela vai haber outra concentración de apoio o mércores da vindeira semana, día 8 da abril às 20 hs na praza do Toural, mais xa ampliaremos e difundiremos a convocatoria.