Tag Archives: Abordaxe revista

Xa na rúa o Nº 8 do noso boletín!! (número especial contra o traballo asalariado)

1-maio-boletc3adn-portada

Xa está lista a 8ª edición do noso boletín, desta volta con carácter monográfico centrado na efeméride do 1 de maio, e na crítica do traballo asalariado e dos métodos dos sindicatos, cunha perspectiva antiautoritaria e revolucionaria. Mudamos nesta ocasión o apartado de Novas polo de Historia, buscando manter viva a chama da memoria colectiva e combativa, contra o mito burgués recuperador do 1 de maio coma unha simple festa baleira dun contido que ameace os seus privilexios. Tamén engadimos algúns textos breves na contraportada. Podes atopalo aquí (lectura en liña) e aquí (descarga). Para atopar os números anteriores mirade aquí. Animamos coma sempre á súa reprodución e difusión pola rede pero sobre todo polas rúas, centros de traballo, de estudo, etc. A continuación o índice de contido:
Continue reading Xa na rúa o Nº 8 do noso boletín!! (número especial contra o traballo asalariado)

Boletín Mensual Abordaxe.- O nº 4 de xaneiro de 2016 xa está nas rúas e agora disponible en pdf

dibujo1

Comezamos novo ano e seguimos… Xa está a vosa disposición nas rúas e acá, o nº 4 do noso Boletín en papel e podedes aceder a ele no seu espazo na nosa coluna direita no apartado “BOLETÍNS ABORDAXE” (onde tamén temos os anteriores números).

Animamos a súa leitura (aquí) e a súa descarga (acá) e agradecemos que se fotocopie e distribuia por onde quixer.
Continue reading Boletín Mensual Abordaxe.- O nº 4 de xaneiro de 2016 xa está nas rúas e agora disponible en pdf

Boletín Mensual Abordaxe.- O nº 3 de decembro xa está nas rúas e agora disponible en pdf

abordaxe-3

Xa saiu do prelo o nº 3 do noso Boletín e poñémolo a disposición de quen quixer e damoslle o seu espazo na nosa coluna direita no apartado “BOLETÍNS ABORDAXE” (onde tamén temos os nº 1 de outubro e nº 2 de novembro).
Continue reading Boletín Mensual Abordaxe.- O nº 3 de decembro xa está nas rúas e agora disponible en pdf

Boletín Mensual Abordaxe.- O nº 2 de novembro xa está nas rúas e agora disponible en pdf

dibujo1

Con un pouco de retraso debido ás últimas detencións producidas, que nos levou a adiar a saída deste 2º Boletín, poñémolo a disposición de quen quixer neste enlace e damoslle o seu espazo na nosa coluna direita no apartado “BOLETÍN ABORDAXE” (onde tamén temos o nº 1 de outubro).
Continue reading Boletín Mensual Abordaxe.- O nº 2 de novembro xa está nas rúas e agora disponible en pdf

Novo Boletín Mensual Abordaxe.- O nº 1 de outubro xa está nas rúas e agora disponible en pdf

boletin abordaxe 1

A equipa que formamos Abordaxe acordamos hai tempo ampliar as nosas miras mediáticas co gallo de tentar cubrir os máis dos espazos e lugares aos que poidamos achegar a nosa información. Con este motivo decidimos editar este boletín informativo con tirada mensual, en papel (e en formato pdf) ao que lle adicamos un espacio reservado na nosa coluna dereita.
Continue reading Novo Boletín Mensual Abordaxe.- O nº 1 de outubro xa está nas rúas e agora disponible en pdf