Colamos esta convocatoria que nos fixeron chegar as compas de “A Ghavilla”, que à súa vez a receberon dunha das persoas implicadas neste proxecto:
Estimados compañeiros : enviamos cartaz alusivo á inauguración do noso local, que pretende ser social e cultural, na rúa Curros Enriquez nº 28.
Como xa sabedes algúns, se nos cedeu unha casa de forma gratuita para que a acondicionáramos e usásemos ao noso criterio.
Tras un ano de obras, será inaugurada esta semana.
Os dois colectivos que participamos inicialmente, son os mentados no cartaz, pero temos vocación de cedelo a aquelas iniciativas que pretendan difundir a crítica e a luita social.
É noso desexo contar con vos na inauguración e no traballo e colaboración posterior.
Programa:
Xoves 5
17:00′ Apertura de Portas
20:00′ Magosto e Música (Ricardo Santana, Manuel e Chus)
Venres 6 (Día da Desconstitución)
18:00′ Debate coas distintas Iniciativas Sociais (Desafiuzamentos, Centros Sociais, Hortas Urbanas, Cooperativismo…)
21:00′ Pinchadiscos Politiqueo
23:00′ Cinema Quinqui
Sábado 7:
12:00′ Pasarrúas
14:00′ Comida Popular
19:00′ Te e Jazz (en directo)
23:00′ Ciclo Cinema (“Eros e Tánatos”, terror malo, porno antiguo)