“Debemos abandoar todo modelo e estudar as nosas posiblidades” Edgar Allan Poe.
Neste momento de reaxuste do Capital e contexto de “crise” para millóns de persoas, a subsistencia deste sistema e as súas engranaxes dependen da posta en escea de novos contrincantes, xa sexan reais, falsos ou sobredimensionados. Como consecuencia de todo isto as loitas e movementos anticapitalistas atópanse envoltos nunha persecución que, matizando que sempre existiu de forma latente, nas últimas datas está tornándose unha auténtica cacería inquisitorial contra todo proxecto, tecido social ou expresión de solidariedade que represente unha lóxica de ruptura co sistema e as súas condicións de existencia.
É evidente que o aparello estatal está intensificando e extendendo a represión ao tempo que procura unha “Paz social” coa caridade como parche para o desmantelamento do “Estado de benestar”. Este marco de actuación deixa máis que patente a imprescindible relación Estado-Capital para o mantemento do sistema. A reforma do Código Penal, a “Ley de seguridad ciudadana”, o endurecemento do marco de sancións xa existentes, a ampliación das marxes represivas e o investimento en novo armamento e métodos de control social supoñen unha pesada lousa. A prisión, a dispersión e o aillamento son hoxe a constante ameaza do castigo para xs rebeldes antagonistas que están a sufrir múltiples procesos represivos fortemente promocionados polos medios de intoxicación informativa. Para xustificar o seu falso ceo precisan crear un inferno cheo de alimañas que representen unha ameaza constante para a “seguridade”. Con todo, non é bo caer no victimísmo, asumimos e somos conscientes de que vivimos nun contexto de guerra social que pretendemos intensificar. Os desbordes sociais espontáneos ou as accións ofensivas son o verdadeiro motor da revolta, é a revolta expresándose en si mesma. Non atendemos á lóxica culpable-inocente que plantexa a xustiza deste sistema, porque a nosa lóxica dicta que este sistema non é xusto e nos somete a unha violencia cotiá que se expresa en tódalas súas formas sociais e económicas, unha violencia que ten que ser respostada. Cantxs compañeirxs mortxs, presxs e afundidxs na miseria, xs ricxs cada vez mais ricxs e xs pobres cada vez mais presxs.
A creación dunhas condicións de existencia xenuínas, pasa pola completa destrucción deste sistema e as súas relacións de poder. Pero nós non imos cargados soamente dunha forte proxectualidade destructiva, sabemos que “a creatividade é a cousa mellor repartida do mundo”(Raoul Vaneigem). Confiamos tamén nas nosas enerxías e ansias de construír novas realidades sociais e atopámonos no rexeitamento total das nosas condicións de existencia. Isto supón o punto de partida de calquer contestación e entendemento co conxunto dxs explotadxs, unha outra oportunidade que se nos presenta axs antiautoritarixs e non debemos deixar pasar. Estes momentos requiren unha determinación contundente, un salto cualitativo nos métodos de propaganda e acción directa. O enésimo intento de recuperar as rúas como espacio de encontro debe trascender, e desta vez non pode pasar por un feixe de acampadas máis ou menos espectaculares, vellas e rancias organizacións de síntese totalitarias e afincadas no asistencialismo, ou por centros de poder por moi popular que este sexa. Porque o encontro entre as distintas ópticas antagonistas debe ser persistente e realmente horizontal ou non será nada. É unha cuestión vital, atopar os mecanismos que permitan axs explotadxs radicalizarse e emprender sendeiros revolucionarios. Marcar e intensificar os nosos propios ritmos de loita debe ser prioritario, porque a “roda” da represión non deixa de xirar e as oportunidades insurreccionais non se calculan nos censos. Deberíamos fomentar unha relación continua que nos permita a contundencia e inmediatez necesarias para desenvolver a nosa acción, autoxestionar a nosa seguridade e respostar a represión.
Estamos vivindo un refluxo da movilización popular xurdida hai poucos anos no Estado español, máis, desta vez a movilización parece conter unha forte carga de hostilidade antagonista que pode detonarse en calquera momento. Neste senso todas as expresións populares que pretenden trascender as fracasadas estratexias cidadanistas de conciliación e protesta cívica, están a ser fortemente reprimidas, con todo, tamén están resultando contaxiosas e recuperando a rúa como espacio de encontro dunha maneira moito menos inxenua que a inaugurada polo 15M e sucedáneos varios. Por iso está a presentarse unha oportunidade que debería tomarse coa seriedade que implica un posible crecimento cuantitativo e cualitativo das perspectivas insurreccionais. A crítica, violenta se é necesario, contra xs recuperadores, sectas confusionistas esquerdosas e apagalumes é un complemento imprescindible para o desenvolvemento dos nosos proxectos. O incremento da tensión insurreccional, e tamén a construcción de realidades autoxestionarias teñen o terreo abonado para espallarse e deben confluír dunha vez por todas con os múltiples conflictos sociais latentes nunha loita de carácter antiutoritario, porque a revolta será antiautoritaria ou non será nada…É momento de recuperar as rúas e de conspirar pola fin das relacións de poder. Non de reunirse entorno a efemérides máis ou menos prescindibles.
Guerra social contra o Estado e xs seus falsxs opoñentes.
Algunhas individualidades antiautoritarias da Galiza
http://abordaxerevista.blogspot.com/2014/01/pola-extension-da-guerra-social-ou.html