Postas en contacto con unha das persoas que estaba facendo pernocta na Sala, contounos de que a policía chegou sobre as 9 da mañán, e sen saber aínda ben como foi que entraran, identificaran a todas as persoas que estaban dentro (unha delas foi levada atá comisaría para elo ao non levar a súa identificación enriba). Contan que as forzas policias (entre 25 e 30 segundo os falsimedios) non ensinaran en nengún momento a orden de desaloxo, e as preguntas das okupas ao respeito limitabanse a decir que si tiñan, pero, repetimos, non a ensinaran en ningún momento. Dicer que permitiron recoller os enseres antes de proceder á retirada das faixas que colgaban das ventás e ao seu feche por un cerralleiro.
Parece ser que ata o momento do desaloxo, a rúa do Villar permanecera cortada ao paso de pions. A veciñanza só podía camiñar baixo os soportais de ambas beiras da rúa. Se ben no momento do desaloxo, un grupo de solidarias proferían berros de protesta contra a alcaldía e a favor da rehabilitación deste espazo para programación de actos culturais.
Agora mesmo hai xente concentrada diante da Sala e para as 20:00′ hai convocada unha Concentración de repulsa polo desaloxo na Porta do Camiño. Convocatoria acordada previamente en Asamblea para o día do desaloxo. Alá nos veremos.
colado x eDu
Máis sobre o desaloxo da Sala Yago
A noticía do desaloxo está a dar lugar a comunicados e opinións en contra deste desaloxo que todo aponta a que foi ilegal, sen orden xudicial algunha. Colamos agora este comunicado recollido xa na anterior noticia como comentario, dado que amplía a información e chama á participar da convocatoria de Concentración na Porta do camiño ás 8 da tarde de hoxe:
Hoxe, de mañá cedo, desaloxaron a Sala Yago.
Como seguramente saberedes, é a segunda vez que se tenta ocupar este espazo. No pouco tempo que duraron as okupacións, desenvolveuse un traballo cultural de base, libre e completamente alleo a empresas e institucións. O vello proxector, do ano 1934, voltou funcionar para ledicia de okupas e viciñas. Houbo charlas literarias, obradoiros para crianzas, proxecións, debates, concertos… e especialmente foi un espazo de convivencia e intercambio, que, creando comunidade, loitou contra a especulación e a corrupción que impera na nosa cidade.
Se anteriormente nos vimos as caras co fachendoso mafioso de Conde Roa, agora o seu herdeiro Currás, tamén imputado por ladrón, está detrás dun operativo policial ilegal que procede a botarnos fóra da sala sen orde de desaloxo.
A nós nunca nos importou a súa legalidade, esa que eles mesmos vulneran sen contemplacións. Sabemos que estábamos a molestar, e queremos molestar. Moitas de vós pasastes por esta sala, axudástesnos a desobedecer, a crear e a coñecérmonos un pouco máis nun mundo dominado polo medo e a psicose.
É por iso que hoxe chamámoste de novo, ás oito na Porta do Camiño. Sen medo e con orgullo de desobedecer a esta panda de criminais. Abonda xa de políticos e empresarios que decidan por nós. Retomemos o control das nosas vidas. Pola disolución do Concello, pola liberdade sen cargos para a xente que foi detida na anterior okupación, e que foi vítima dunha montaxe mediático-policial.
POLA LIBERDADE.
Que estes mafiosos non nos calen a boca.
ÁS 20 H. NA PORTA DO CAMIÑO