Comunicamosvos a fin da folga de fame que estaba a levar Emilio Sanchez del Peso, preso no cárcere de A Lama tras 50 días sen comer absolutamente nada, dende o 14 de agosto ata o 2 outubro pola tarde, para denunciar as torturas e malos tratos habituais nesta cadea.
Queríamos denunciar que ata o día 2 (no que decide deixar a folga) non o levaron tan sequera a enfermería, ainda que no Reglamento Penitenciario (I- 5/99) di textualmente :“en caso de folga de fame o preso debe ser trasladado a enfermería a partires dos 25 ou 30 días e o médico do cárcere ten que emitir un informe de seguimento no que conste: datos do interno, idade, data de inicio, motivo, constantes, exploración (grao de conciencia, aspecto xeral, hidratación da pel…”. El solicitouno varias veces, así cómo o seu avogado e persoas achegadas, facendoselle caso omiso, incluso algunhas veces contestando con risas e mofas… Retivéronlle as cartas de ánimo e apoio que se lle mandaron. Algunhas delas chegaron varios días máis tarde, e outras sospeitamos que nunca o fixeron.
Ademais dende o cárcere informaron erróneamente da situación de Emilio en reiteradas ocasións.
Queremos denunciar ista situación de marcado carácter punitivo, a falta de asistencia médica (o cal era o seu deber legal), e agardamos que non cheguen mais represalias como traslados ou máis aillamento, posto que estaría absolutamente inxustificado, xa que o úñico que fixo Emilio foi loitar polos seus dereitos e a sua dignidade e a d@s demais pres@s, a través do seu propio corpo. Esiximos un bó trato e a fin das torturas xa.
Agradecer tamén pola parte de Emilio todas as mostras de solidaridade que recibiú. Emilio non está só. Se nos tocan a un/ha tócanos a tod@s.
ABONDA DE TORTURAS E MALOS TRATOS
RESPETO AOS DEREITOS DE EMILIO E TOD@S @S PRES@S
OS CÁRCERES SON PARTE DO PROBLEMA NON A SOLUCIÓN
ABAIXO OS SEUS MUROS!