Recordatorio [Compostela] Mañán Sábado 15 às 19 h Comenzan as XI Xornadas Anarquistas

mem_sub

Un ano máis, individualidades anarquistas de Compostela, veñen de argallar unhas novas Xornadas Anarquistas nesta cidade, das que tendes información completa nesta noticia da coluna dereita do noso blogue onde figura o Cartaz das mesmas e a información sobre as temáticas que se abordarán dende o sábado 15 de novembro (día da presentación e dunha charla con compas portugueses) ata o sábado 29 e que, como sempre, abranguen temáticas que nos levan a un mellor coñecemento da actualidade do movimento anarquista, das prácticas e das teorías, das luitas contra o capitalismo asoballante e tambén dos debates no seu seno.

Así mañan Sábado 15 às 19:00’ terá lugar a Presentación das Xornadas e às 19:30′ “O Movemento Anarquista en Portugal”. Pase do documental “Memória Subversiva” e conversa con compas anarquistas de Portugal.

O documentário “Memória Subversiva” revélanos os inicios da historia do Movimento Anarquista em Portugal. A partir de testemuñas dalgunhas das súas integrantes no seu periodo de maior efervescencia, nas primeiras décadas do século vinte, nós da a coñecer a historia, hoxe esquecida, do máis forte movimento político-social de entón e das suas loitas e resistencias.

Rescatando esa memoria histórica, tentaremos abordar aquilo que ten sido o anarquismo en Portugal durante as últimas décadas, após o 25 de Abril de 1974, para unha comprensión daquilo que foi e que poderá vir a ser o movimento anarquista en Portugal.

Información sobre o documental:
Realización: José Tavares e Stephanie Zoche
Duración: 110 minutos
Ano:1989