[Pontevedra] Hoxe venres 5 às 20:30′ na praza da Peregrina.- Concentración Solidaria con Jimmy: “Nin liorta entre bandas nin morte accidental”

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Colamos esta convocatoria recibida na nosa caixa dos correos por un siareiro deste blogue:

O pasado 30 de novembro Francisco Javier Romero Taboada “Jimmy”, siareiro deportivista, morría asasinado en Madrid a mans dun grupo de ultras fascistas do Frente Atlético e grazas tamén á pasividade cómplice da policía que tardou máis de media hora en chegar, tempo dabondo para que Jimmy morrera e outros moitos ficasen feridos tras sufrir unha emboscada no lugar onde parou o seu autobus, nos arredores do estadio Vicente Calderón.

Nos medios de comunicación manipularon desde o primeiro momento os feitos para, unha vez máis, crear a ilusión de equidistancia e igualar ás víctimas cos agresores, aos asasinos co asasinado. Din os xornais que as dúas hinchadas terían quedado para pegarse, mais a propia policía (que conta con medios dabondo para averiguar estas cousas) e o mesmo Ministro de Interior recoñeceron non ter constancia algunha de que existise dita cita. Pola contra, varios testigos aseguran que tratouse dunha emboscada preparada polos ultras do Atlético de Madrid, que agardaban no punto onde aparcou o autobús deportivista e que foi asaltado por mais de 100 individuos armados con paos, coitelos e outras armas que non dubidaron en utilizar para asasinar unha persoa e deixar varios feridos de diversa gravidade.

Os medios minten, cumplindo unha vez máis coa sua labor, e despolitizan completamente esta crime evitando mencionar a marcada ideoloxía fascista do Frente Atlético e reducindo todo a unha liorta entre bandas rivais. Intencionadamente enchen tamén de acusacións sen probas a figura do noso compañeiro morto, sen amosar ningún respecto pola familia nin polas suas amizades, todo con tal de xustificar e botarlle a culpa da sua propia morte. O culpábel é Jimmy por ir a Madrid, e non os fascistas armados do Atlético por asasinalo.

É por isto que desde Pontevedra non queremos calar perante estes feitos e berramos para expresar a nosa repulsa fronte a este asasinato e a posterior manipulación informativa, así como para transmitir a nosa solidariedade coa familia, amigas e amigos de Jimmy e dicir alto e claro que NON foi unha quedada, unha simple liorta entre bandas nin un accidente, senon un asasinato premeditado e cobarde por un grupúsculo fascista que xa no pasado asasinou a Aitor Zabaleta, siareiro da Real Sociedade, polo simple feito de ser basco.

Non queremos nin toleraremos pasivamente a fascistas nin nas bancadas, nin nas urnas, nin na rúa. Somos conscientes de que nun momento coma o actual, onde a extrema dereita reaccionaria regresa das profundidades aupada por un capitalismo doente e en crise, é urxente ir máis alá do deporte e combater a esta lacra en todas as partes e todos os ámbitos da vida.

REMATOU O XOGO, FASCISTAS FÓRA!
JIMMY SEMPRE CON NÓS!