Cuba Libertaria # 30

cubalibert30

a está a circular pola rede o número 30 (clicade acá para a súa leitura e descarga en pdf) correspondente a xaneiro 2015 do Boletín Cuba Libertaria editado polos Grupos de Apoio aos Libertarios e Sindicalistas Independentes de Cuba – GALSIC e coordinado por Octavio Alberola. Colamos (traducido e tras “seguir lendo”) a editorial que ten como suxerente título: Que hai detrás da reconciliación Cuba-EUA?, alén nesta ocasión inclúense os seguintes artigos:

– O conflito entre gobernos alíviase. O conflito entre sistemas agudízase.
– O mapa secreto de Eldorado
– Cuba/Estados Unidos: Posición do Taller Libertario Alfredo López
– Tania somos todos // Carta asinada por máis de 900 artistas arredor do mundo

amor castro obamaUnha das noticias máis importantes deste fin de 2014 foi, sen dúbida, as comparecencias simultáneas de Barak Obama e Raúl Castro ante as pantallas de TV para anunciar, “urbi et orbi”, o desxeo das relacións entre os EUA e Cuba.

Cando ninguén era capaz de imaxinar que un tal xesto puidese producirse, ambos os dous Presidentes protagonizárono este mércores 17 de decembro dende as capitais dos seus respectivos países, dando así o primeiro paso público cara á normalización das súas relacións tras 53 anos de “guerra fría” e “bloqueo económico”.

Segundo se soubo, este “xesto” é o resultado dunha longa negociación comezada en 2012 a través de dous funcionarios (Ricardo Zúñiga, polos EUA, e Josefina Vidal, por Cuba) e mantida no máis absoluto segredo para “achegar posicións” nos temas que cada goberno considera “imprescindibles”. Aínda que tamén contribuíu o feito de que Raúl Castro, tras substituír ao seu irmán Fidel, comezou a poñer en marcha unha serie de cambios na economía que ata entón formaban parte do dogma ‘socialista ” en vigor na illa e eran, por conseguinte, intocables. Cambios para ir avanzando no proceso de transformación do “socialismo” castrista (Capitalismo de Estado) en capitalismo de mercado.

É pois normal que todos os partidarios deste sistema -dentro da illa e fóra dela- se entusiasmasen con tal perspectiva e que só se manifestasen inquietudes nos sectores que dentro e fóra de Cuba denunciaron a restauración da explotación capitalista polo Goberno que segue pretendéndose revolucionario e socialista. Sectores inquedos pola indefensión en que se encontran xa os traballadores cubanos actualmente e que se agravará coa alianza que está en marcha entre os sindicatos do Estado-Partido e o Capital privado.

Como sexa que de tal realidade non se fala nos medios pretendidos de información, pareceume necesario reproducir o artigo do compañeiro libertario cubano Rogelio Manuel Díaz Moreno “El conflicto entre gobiernos se alivia. El conflicto entre sistemas se agudiza” e o texto do Taller Libertario Alfredo López da Habana sobre o que hai detrás desta “reconciliación”… (xa colado acá en Abordaxe en galego-português)

Octavio Alberola

Se se desexan revisar boletíns anteriores, clicar aquí