Proposta do novo recompilatorio “RUÍDO CONTRA A CARCEL Vol.2″ ¡¡DIFUNDIR entre bandas e colectivos!!!

dibujo2

A través do correo cheganos esta nova proposta de Pesadillasonora, selo anticomercial, que colamos:

Saúdos a todxs!!!; escribímosvos de Pesadillasonora, un selo anticomercial, no cal editamos algúns discos e temos colaborado noutras edicións, o último que fixeramos foi editar o primeiro recompilatorio de varias bandas que se chamaba “Ruído Contra la Cárcel”, os beneficios do cal foron destinados a loita anticarceraria, para financiar proxectos de grupos de apoio a presxs, difusión…

Agora estamos a traballar nunha nova proposta que viría a ser o “Ruído contra la Cárcel 2″ pero queremos darlle outra forma ao recompilatorio e intentar que dalgún xeito fose un traballo diferente por iso pensamos en que se é un proxecto para axudar a financiar a loita anticarceraria, non ten moito sentido se non participan as persoas que están presas! E a idea era facelos participes a elxs dalgún xeito no proxecto dunha forma activa!. Por iso este novo proxecto trataría de que as bandas puxesen voz e musica a cancións, escritos, manifestos… das persoas que están encerradas.

Como facemos isto?

A idea é que por exemplo unha banda tome un texto que escribise unha persoa presa e diso fagan unha canción. Respectando que a letra sexa o texto da persoa que esta encerrada. Outra forma e que é a que mais nos gustaría a nós xa que así fomentariamos as relacións con persoas que estan presas é que as bandas se puxesen en contacto con xente que esta no cárcere e que fosen elxs mesmxs que nun traballo conxunto creasen as cancións!

Sabendo que este último caso non creemos que sexa o mais frecuente (ogallá que si), pensamos que calquera banda que queira participar non importa que non teña un contacto directo con algunha persoa presa, senón que poidan facelo igual, de maneira que nós poñeriamos á súa disposición textos, escritos… aos grupos que queiran participar para que poidan crear os seus propios temas e escoller o texto ou relato que queiran!

O tema sería que unha vez a banda tivese creada a súa canción, cada un/unha encargaríase de gravala cos seus medios e unha vez gravada mandaríanola a nós xunto coa letra, información da banda e da persoa que esta presa…

Logo nós encargariámonos de facer a maquetación do disco, tamén se fixese faltase algún retoque de masterización para igualar un pouco todos os temas ao mesmo nivel de audio…

O tema das copias tamén correría da nosa conta, pois como fixemos noutras ocasións xa nos encargaríamos de financiar dalgún xeito facer as copias “que nun principio se trataría de facer unhas 1000 copias a CD (nun principio esa é a cantidade pero se vemos que ten boa acollida poderiamos incrementar o número).

Estamos abertos tamén a que, se alguén se motivase a facer outra tirada na súa zona, país, continente… poderiámoslle mandar o libreto en pdf ou no formato que sexa, coa montaxe feita, mais as cancións e que fixesen outra tirada pola súa conta (sempre que fose co mesmo pretexto que é financiar a loita anticarceraria cos beneficios da súa venda)
Distribución e difusión: Como fixemos coa outra edición de “Ruído contra la Cárcel” serian os colectivos de apoio a presxs, individualidades afíns… xs que se encargarían da distribución e xestión dos beneficios, así como algúns selos ou distribuidoras afíns!!! os cales logo se encargarían de mandar os beneficios aos grupos de apoio a presxs da súa zona!!!

Moi importante, que queremos co disco?: Este disco queremos que sexa dalgún xeito unha ferramenta para dar voz e difusión á xente de dentro. Hai moitas formas de romper o illamento, e esta é unha delas. Crear vínculos, afinidades, e como resposta solidaria, seguir mantendo relacións e proxectos con xs compañeirxs que temporalmente se encontran fóra das cousas que se fan ao outro lado dos muros… Este proxecto conxunto é un xeito de manter o contacto, de posibilitar cos nosos propios medios que inquietudes dende dentro se plasmen na realidade e traspasen os muros en ambas as dúas direcciones… unha outra vía de comunicar, compartir, crear, non esquecer… romper o illamento que se pretende conseguir con esta forma de castigo…

Por outro lado tamén para financiar aos grupos que levan o apoio á xente que esta encerrada e unha pequena achega á loita contra as prisións… Os beneficios irán íntegros destinados aos colectivos de apoio a xente presa e a financiar a loita anticarceraria.

Dito todo isto agora touca buscar xente que queira colaborar no proxecto, xa hai algunhas bandas que se interesaron en participar no proxecto de varias partes da xeografía terráquea!!

Ou sexa que se queres participar no recompilatorio coa túa banda, proxecto…, ou sabes dalgunha persoa que estexa presa e que lle motive a idea e queira participar escribindo algo (ou mesmo cantando se puidera!) Ponte en contacto con nós!!!

No anterior “Ruído contra la Cárcel” participaran bandas de América do sur e da península ibérica, esta vez intentaremos que haxa un abano máis grande de xente que participe dende diferentes puntos!!!

Bo pois se tedes algunha dúbida, preguntas… escríbenos!!

Saúde!!!

Abaixo os muros!!!!

A Música como Arma, Non como Negocio!!!

Contacto pesadillasonora@yahoo.es