Grazas a un compa soubemos que a compañeira Amanda de Valencia está encirrada no C.P. Soto del Real dende finais de 2014. Agora estase argallando un Concerto Solidairo para con ela para o día 21 de marzo na sala “Oxido” de Guadalajara. Colamos agora (traducido) o Comunicado do seu Grupo de Apoio dando conta da súa situación actual, (gravida de 5 meses, con dificultades económicas, e con a pena de delito terrorista), e da historia que deu con ela no cárcere para pagar agora (11 anos despois dos feitos) os 5 anos que lle fican por cumprir do total da súa condena:
Valencia 2003, ano de especial interese para o Concello desta cidade pola próxima celebración en Xullo de la Copa América, pola inminente convocatoria en Maio das eleccións, e pola posta en marcha do Plan de Reforma do barrio do Cabanyal (PEPRI) polo que se construiría un paseo marítimo no mesmo espazo onde está situado este antigo barrio mariñeiro. Considerado este como un momento clave para facer unha limpeza da imaxe da cidade de “as Artes e as Ciencias” e protexendo os intereses de moitas empresas e institucións que están detrás do PEPRI; o Concello toma a decisión de destruír o barrio do Cabanyal, derrubando máis de 1600 vivendas, 570 edificios…. E conseguindo así quitarse de diante a unha poboación veciñal con gran tecido social que levaba anos empoderándose e loitando contra a degradación do barrio mediante accións comunitarias a través de centros sociais, o cal empezaba a ser un obstáculo para os intereses políticos e económicos do Concello. Coa destrución do barrio do Cabanyal xurdiría unha nova oportunidade para que especuladores urbanísticos e os seus cómplices políticos negociasen os seus próximos proxectos, todos eles baixo a protección de “La Levantina”, unha empresa de seguridade de ideoloxía fascista ben coñecida pola súa vinculación ao partido político “España 2000″ e adxudicada a dedo polo Concello como esbirros desta mafia de políticos e empresarios na cidade.
Neste marco, a veciñanza do barrio deciden unirse a loitar xuntas para impedir que este proxecto siga adiante. Asociacións de veciños, colectivos libertarios, casas ocupas, centros sociais… únense para formar parte dunha plataforma de loita onde xuntar forzas, ideas e rabia para defender o barrio no que conviven e impedir así o seu derrubamento. Todo iso mediante diversas accións nos tribunais, na rúa, nos medios… é neste contexto onde se enmarca o caso da nosa compañeira Amanda
Amanda foi detida xunto ao seu compañeiro Eduardo e un amigo común (este último liberado sen cargos) acusados de diferentes delitos: o envío dunha carta bomba ao partido de extrema dereita “España 2000″ (que explotou en Correos), a queima dunha máquina escavadora do proxecto PEPRI, a queima dun caixeiro automático de Bancaixa, a colocación dun artefacto incendiario nun Instituto de Formación Profesional, e o lanzamento dun obxecto incendiario a un establecemento de Telepizza. Amanda asume a autoría dos dous primeiros cargos, o envío do artefacto explosivo ao partido de extrema dereita “España 2000″ e a queima da escavadora do proxecto PEPRI negando tanto a participación da súa parella coma a participación nos outros feitos dos que se lles acusa; e definíndoo como “accións libertarias contra o capitalismo que executa o proxecto urbanístico que está a arrasar o barrio do Cabanyal”.
Tanto Amanda como Eduardo son ingresados en prisión preventiva mentres os diferentes xulgados (a Audiencia Provincial de Valencia e a Audiencia Nacional) valoran que tipo de cargos se lle imputarán: terrorismo, intento de asasinato, estragos, danos… tras varias idas e vindas do caso entre os xulgados de Valencia e de Madrid, finalmente o caso é levado á Audiencia Nacional, onde á parte do fiscal, se sumarán como acusación particular o Concello de Valencia, a Oficina de correos e “España 2000″. Aos dous anos de encerro en prisión preventiva por diferentes cárceres do Estado (Picassent, Villena, Alcalá-Meco) en espera de xuízo, ambos os dous son liberados xa que todas as partes que forman a acusación particular non interpoñen (por descoordinación) a petición de prórroga de prisión preventiva, polo que o xulgado se ve obrigado a liberalos, a pesar de rexeitar os diversos recursos que presenta o avogado de ambos os dous solicitando a excarceración ata o xuízo.
O xuízo é celebrado no ano 2009, o fiscal solicita 132 anos de prisión para Amanda, considerando estas accións como delitos terroristas vinculados a un núcleo libertario, pero a Audiencia Nacional non entende os feitos como constitutivos de delito de terrorismo “xa que non foi necesaria a actuación nun grupo ou banda armada” e que “nin a intención nin a capacidade do artefacto eran para producir danos letais”, considerando así estas accións como illadas e esporádicas. Con todo isto Amanda é condenada a máis de 4 anos de prisión e Eduardo a 8 meses (o cal xa non ingresaría no cárcere ao ter superado este tempo en prisión preventiva). Tras un recurso á sentenza interposto pola acusación particular no Tribunal Supremo, a pena é elevada ata 7 anos de prisión para Amanda e 1 ano a Eduardo, coa suma de delito de terrorismo polas accións cometidas.
Actualmente Amanda leva dende finais do ano 2014 na prisión de Souto do Real (11 anos despois da comisión dos delitos), para cumprir os 5 anos que lle quedan de condena. A súa situación persoal é bastante vulnerable ao encontrarse embarazada de 5 meses, con dificultades económicas, e coa pena de delito terrorista, o que lle dificulta ou imposibilita para a maioría dos beneficios penitenciarios aos que poder acollerse, sumado á constante vixilancia, intervención de correo e chamadas, filtración de visitas….
Con todo isto queremos facer un chamamento para a necesaria e urxente colaboración coa nosa compañeira pola situación tan delicada na que se encontra, desapegada á forza, 11 anos despois, do seu ámbito, da súa familia, da súa parella, dos seus amigos, dos seus estudos…; e porque é necesario visibilizar casos como este, que suceden silenciosamente nos cárceres do noso estado, onde manteñen secuestradas persoas que non aceptaron a inxustizas que se lles impón, que loitan por un mundo máis xusto, que son consideradas como un obstáculo ás atrocidades que este sistema capitalista está a cometer coa humanidade, recluídas ao antollo dos seus censores e encarcerados en réximes onde se ven negados calquera tipo de dereitos penitenciarios, onde as torturas, humillacións e a deshumanización son parte das actividades de re-inserción.
Saúde e Grazas
Grupo de Apoio a Amanda