Colamos acá as informacións que nos van chegando das compas de A Guarda, que no seu último correo de finais de febreiro fanos ver que “aínda non está pechado de todo o programa e que igual aínda tarda un pouquiño”(se ben e tendo en conta de que son en Abril, van moi ben de tempo):
III FEIRA DO LIBRO ANARQUISTA EN A GUARDA (24, 25 e 26 de Abril)
Un ano máis e con este xa son tres, queremos invitarvos á Feira do Libro Anarquista de A Guarda (Galiza).
O encontro desenvolverase entre o 24 e o 26 de Abril, na localidade de A Guarda (ao sur da provincia de Pontevedra), entre os espazos da Praza de San Bieito (próxima ao porto) e do Centro Social Fuscalho (fronte á Atalaia) . Intentaremos que a programación sexa o máis variada posible dentro dos nosos límites, pretendendo cubrir tódolos ámbitos e representalas diferentes formas de expresar as nosas ideas, indo dende material escrito, teatro, música, e experiencias de loita, entre outras.
Salientar que en Galiza non existe este tipo de encontros, e cremos que representan unha ferramenta necesaria para a difusión do ideal antiautoritario e o intercambio material, ideolóxico e persoal, contribuindo á destrucción das relacións de dominación e explotación que actualmente rixen as nosas vidas, polo que esperamos que se reproduzan este tipo de iniciativas por outros lugares do territorio.
Habilitarase espazo para aloxamento dxs asistentes (traede o voso saco ou manta) e mesas para exposición de material antiautoritario.
Tódalas comidas servidas nos xantares, ceas e almorzos serán veganas e ademáis haberá unha zona de bebidas e comida a prezos populares durante o desenvolvemento das actividades.
Agradeceríase que confirmarades asistencia para unha mellor organización e se precisades aloxamento o número aproximado de persoas que sodes.
Existe a posibilidade de aportar propostas de mellora, posibles cambios, críticas, recomendacións, temas a tratar, posibles presentacións ou palestras e todo tipo de colaboracións.
Contacto: acarosbaixominho@riseup.net
Cando teñamos a programación definitiva xa vola enviaremos para máis información e difusión.
Sen mais unha aperta e esperamos contar con todxs vos.