URXENTE! Qué pasa en A Lama?? Nova malleira dos carcereiros a Reinaldo Gómez Guijarro, “Jaro”. Envío de Faxes Solidarios

7ee7f-stoptorturaalamateixeiro

En febreiro pasado, a súa familia e amizades facían un chamamento á solidariedade con Reinaldo Gómez Guijarro, “Jaro”, que fora trasladado arbitrariaremente ao módulo de illamento da terrible trena pontevedresa. Encerrárano na mesma cela onde morreu o seu compañeiro e amigo Gavioto.

Alí, dende o primeiro día, foi ameazado: “Xa sabes quen estaba aí, ti verás como queres rematar”, sendo sometido en todo momento a unha dinámica permanente de acoso e intimidación das que tantas veces remataron en “suicidio”, como saben quen viviron ou presenciaron situacións parecidas, moi habituais nos cárceres españois. A súa xente temía pola súa vida e por iso fíxose pública a súa situación e pedíronse mostras de solidariedade e apoio. Ao principio, cambiáronlle de cela, e a cousa parecía estar en vías de mellorar, pero a estas alturas non só non foi así, senón que empezou a pasar o que se estaba a temer: antonte recibiu Jaro dos carcereiros unha malleira de morte.

O cárcere de A Lama, especialmente o seu departamento de máximo castigo, estase a facer famoso como un lugar parecido a Auschwitz, dado o desprezo da dignidade humana demostrado alí polos axentes estatais. Sen remontarnos máis atrás, é o lugar onde Emilio Sánchez del Peso estivo 50 días en folga de fame para denunciar as torturas e malos tratos que alí se practican; onde Javier Guerrero Carvajal iniciou a súa, que está a punto de levalo á morte tras máis de cen días de privacións, contra a arbitrariedade, indefensión e abandono a que se somete ás persoas presas; onde “se encontrou” aforcado a principios deste mes a Borja Martín Gómez,”Volvo”, ou onde morreu en abril do ano pasado Eugenio García Serrano, “Gavioto”, oficialmente por unha sobredose de droga. “Suicidio”, “accidente”, din os papeis das administracións carcereira ou xudicial, pero aos que lles querían non se lles quita da cabeza a idea de que foron asasinados polos carcereiros. Como di unha querida e respectada compañeira galega, “os loitadores non se suicidan”.

temía pola súa vida e por iso fíxose pública a súa situación e pedíronse mostras de solidariedade e apoio. Ao principio, cambiáronlle de cela, e a cousa parecía estar en vías de mellorar, pero a estas alturas non só non foi así, senón que empezou a pasar o que se estaba a temer: antonte recibiu Jaro dos carcereiros unha malleira de morte.
Foi por unha norma arbitraria das que se adoitan impoñer nos illamentos: enriba de que estás encerrado, non che podes tombar, por exemplo, na cama durante o día; non hai ningunha razón válida, é só porque lles dá a gana a eles, unha táctica máis de control e intimidación. A Jaro pilloulle un boqueiras botado na cama e chamoulle a atención de moi malas maneiras, replicándolle el en lugar de achantar. O “funcionario” saíu correndo e regresou cuns vinte carcereiros máis, dicíndolle que lle ían cambiar de cela; o día anterior, nun cacheo, esnaquizárano todo na que ocupaba nese momento. Alxemáronlle e, mentres andaba polo corredor rodeado de carcereiros, un deles lanzoulle un guantazo, el intentou defenderse, pero botáronselle enriba e malláronlle, leváronlle pola forza a unha cela e alxemáronlle boca abaixo á cama, postura na que estiveron a golpealo ata que se cansaron. Agora ten un gran derramo nun ollo, hematomas por todo o corpo, fortes dores nas costas e dificultades respiratorias, todo a consecuencia da tremenda malleira. Sabemos que o martes pasado outro compañeiro, Enrique Silva Montoya, “Piyayo”, recibiu tamén dos carcereiros unha gran malleira ao ser levado ao sinistro departamento de castigo do cárcere de A Lama.
De momento, sirva esta nota para informar do que está a pasar. Aínda que xa estamos a ver que ata agora non serviu de moito, mentres se tramitan as correspondentes denuncias e pénsase que máis facer, non estaría de máis dirixirse por fax, por correo ou por teléfono á dirección de A Lama, á secretaría xeral carcereira e ao xulgado de vixilancia penitenciaria denunciando a situación e protestando por ela.
NO CÁRCERE DA LAMA ESTÁN MACHUCANDO A NOSA XENTE!
NON PODEMOS CONSENTILO!
Secretaría General de Instituciones Penitenciarias.
Calle Alcalá 38-40. 28014 – Madrid
E MAIL: dgip@dgip.mir.es; TEL: 91 335 48 76; FAX: 91 335 40 64-913354940
Centro Penitenciario de A Lama
Monte Racelo s/n. 36830 Pontevedra
TEL: 986 75 80 00; FAX: 986 75 80 11
Juzgado Vigilancia Penitenciaria nº 2 (Pontevedra)
Plaza Tomás y Valiente, s/n. 36071Pontevedra
TEL: 986 80 51 43; FAX: 986 80 51 41

(extraido de Abordaxe Revista)