[Galiza] Cartaz en solidariedade cxs presxs anarquistxs e antiautoritarixs

solidariedade

Adxuntamos este cartaz en solidariedade cxs presxs anarquistas e antiautoritarixs no marco da semana de solidariedade internacional cxs presxs anarquistas do 23 ao 30 de agosto para quen queira difundir.

Semana de axitación polos presos anarquistas

Aquí o enlace:

https://ia601506.us.archive.org/33/items/solidariedade/solidariedade.pdf

Coa represión queren facernos crer que o teñen todo controlado, que fora dos límites que nos marcan nada é posible. Se non somos conscientes deste engano chegará o momento no que a súa violencia explícita xa non será necesaria. Queren que teñamos medo. Medo as súas porras, as súas torturas, as súas prisións… O obxetivo da represión, de toda esta violencia é que deixemos de loitar.

Queren que teñamos medo e que sexa o único que pensemos.

Ao que realmente temos medo é a perder a forza que nos fai continuar. Temos medo do arrepentimento de quen dí que a loita non ten sentido. Temos medo de quedarnos solas. Temos medo de que a represión funcione e que deixemos de buscar cómo facerlles fronte. Éste é o medo que non nos paraliza senon ao contrario. Nos remove tanto por dentro que nos insta a non acomodarnos. É desta maneira que nos volvemos a encontrar cara a cara cos verdugos e nos damos conta de que eles, coa súa represión, non son algo invencible. Son persoas e, como nos, tamén teñen medo.

Que o medo cambie de bando.

[Galiza] Cartaz en solidariedade cxs presxs anarquistxs e antiautoritarixs