[A Coruña] Venres 2 ás 20:00′ Presentación do libro de Xosé Tarrío “Que la Lucha no muera. Ante la adversidad: rebeldía y amistad” no Ateneo Libertario Xosé Tarrío

que-la-lucha-no-muera

O vindeiro venres 2 de Octubre ás 20:00h, no Ateneo Libertario Xosé Tarrío da Coruña (Rúa La Paz nº16, no barrio de Os Mallos), presentación do libro “Que la lucha no muera. Ante la adversidad rebeldía y amistad” con textos ineditos de Xosé Tarrío, transcripcións de entrevistas a súa nai e máis outras achegas sobre a figura deste incombustible loitador anarquista e anticarcerario. Esta primeira palestra, a cargo da súa nai Pastora, inaugura o ciclo de presentacións do libro que continuarán por toda a península (e pode que máis alá), no ateneo que leva o nome deste índomito libertario e na cidade que o viu nacer.

Reseña do libro:

Ante a brutalidade do réxime que sofren, a deshumanización das súas vidas, a tortura que padecen tanto el como os seus compañeiros presos e a tristeza que alaga o máis fondo das súas almas, Xosé decide sacar fóra dos muros toda esta barbarie por medio da escritura, dando vida a “Huye, hombre, huye”. Este libro de denuncia, esta alegación contra o sistema penal e penitenciario, estas ansias de liberdade, converteranse nun cuspe cheio de rabia e de reivindicación, cuspido ás mesmas caras que protagonizan e amparan a represión, traducíndose ao grego, italiano, alemán, inglés, francés e editado en Argentina.

Ademais deste libro escribe numerosos textos sobre diferentes temas, sobre todo de temática carceraria, pero tamén de análise da actualidade de fóra, que seguía tanto con interese como con preocupación. Compón poesías, a maioría destas dedicadas con moito amor á súa incondicional nai. Á parte realizou numerosos cadros onde predominan as cores vivas debido ao seu peche e a ausencia deles dentro de prisión.

Aquí reproducimos tanto este material como un capítulo dedicado a Xosé, no cal familiares, amigos e compañeiros lémbranlle dunha maneira especial, onde o agarimo e a pena son palpables. Por último, a súa nai Pastora contribúe cunha introdución que non deixará indiferente a ninguén, onde explica que é o que fixeron co seu fillo para que acabase falecendo.

Xosé transmítenos os seus sentimentos sen edulcorar, o que lle enche de odio e de amor: a institución carceraria, as drogas, o F.I.E.S., o patriarcado, o Estado, a sociedade, as inxustizas, a solidariedade, o amor, a amizade, a súa nai, a anarquía…

Sempre disposto a axudar á súa xente, dar a cara por eles e esixir o que é xusto. Percorrendo numerosos cárceres do estado, este insurrecto galego sabe ben do que fala, sendo dos primeiros presos en sufrir nas súas carnes o réxime F.I.E.S. O seu espírito ingobernable e a súa solidariedade entre rebeldes levaranlle a recibir multitude de partes, sancións, humillacións, cacheos, illamentos, vexacións, traslados, malleiras… pero iso non lle impedirá tentar fuxir unha e outra vez.

Foi un rebelde social, un anarquista de pura raza, nunca retrocedeu nas súas ideas, nin se vendeu por nada nin por ninguén, seguiu sempre cara a adiante coa cabeza ben alta, loitando ata que todos sexamos libres…

A súa vida enteira é pura rebeldía e iso nunca llo perdoaron.

Decidindo terminar dunha maneira deleznable coa súa vida, morrendo de cárcere o 2 de xaneiro do 2005.

Cheché lembrarémosche sempre.

[A Coruña] Venres 2 ás 20:00′ Presentación do libro de Xosé Tarrío “Que la Lucha no muera. Ante la adversidad: rebeldía y amistad” no Ateneo Libertario Xosé Tarrío