A Audiencia de Pontevedra acaba de estimar o recurso de apelación contra o arquivo ditado nos autos DP 1084/2014 do Xulgado de Instrución núm. 3 de Pontevedra seguidos pola morte de EGS , “Gaviotu”. O xulgado de instrución acordara o arquivo do proceso penal instado pola familia que reclamaba a investigación da morte de EGS acontecida no módulo de isolamento do cárcere da Lama.
O xulgado de instrución acordara o arquivo após recibir o resultado da autopsia (perto de un ano despois do falecemento de EGS) sinalando que o relatorio afirmaba que a morte fora derivada de una patoloxia cardiaca e sen atender as dilixencias de proba instadas pola representación da familia.
Agora o auto de audiencia (714/2015) sinala que ainda que a autopsia parece descartar que a morte fose dolosa, a investigación do xuiz instructor non abonda para excluir outras infraccións penais que pudesen existir e que non foron obxecto de dilixencias probatorias a pesar de petición expresa da familia no proceso. Asi poderían exisir delitos de omisión do deber de socorro ou de homicidio imprudente e mesmo rigor desnecesario. Non podemos esquecer que Gaviotu, que mantiña unha traxectoria penitenciaria sen incidencia en segundo grao (ainda que sen renunciar a vindicaciion dos seus dereitos como preso) foi recluido no modulo de isolamento poucos días antes da morte sen que até hoxe se coñezan os motivos desta decisión, desouvindo o xulgado instrutor a petición da acusacion particular sobre este extremo.
Ver aqui o auto.
http://esculca.gal/web/sites/default/files/egs.pdf
Noticia anterior aquí.
http://esculca.gal/web/node/3411#.VkN2Zb8QvvI
http://esculca.gal/web/node/5036#.VkTCcuIRliV