As compas de “Acracia Morrazo” nos remiten o cartaz con as dúas sesións previstas para este mes de novembro e que colamos para axudar a dar pulo:
Os filmes a pasar na “Fonte do Galo” son:
Martes 10.- “Le jeu de la mort”
Documental de 2009 que describe un experimento realizado en Francia nese mesmo ano para estudar a autoridade da televisión e a súa influencia sobre a obediencia. O experimento é unha nova versión do experimento de Milgram adaptado ás condicións actuais e o seu obxectivo é medir de maneira significativa a interacción entre a autoridade da televisión e os valores éticos dos suxeitos. Buscábase concretamente avaliar a capacidade de desobediencia do suxeito a ordes dadas coa autoridade da televisión cando estas facíanlle inflixir dano a outra persoa.
Martes 24.- The shock doctrine
Filme documental tamén de 2009, baseado no libro homónimo de Naomi Klein. É unha investigación sobre o capitalismo do desastre, baseada na formulación de que o capitalismo neoliberal aliméntase dos desastres naturais, da guerra e o terror para establecer o seu dominio.