A falta de máis e mellor información, recollemos das axencias desinformativas EFE e EuropaPress:
O TS absolverá a Carlos porque a Audiencia Nacional provocoulle indefensión
Contra Carlos pesa outra condena de sete anos por participar no atentado contra unha sede do PP
O Tribunal Supremo absolverá hoxe previsiblemente ao Carlos, condenado pola A.N. a 7 anos de prisión por facilitar un artefacto que explotou o 10 de outubro de 2011 ás portas dunha entidade bancaria de Vigo despois de que a Fiscalía apoiase este martes que a sentenza da Audiencia Nacional construíu na súa contra “un feito novo” e provocoulle indefensión.
O Ministerio Público apoiou –durante unha vista pública celebrada para revisar a resolución– os argumentos do avogado defensor de Carlos, o letrado e deputado da CUP no Parlamento catalán Benet Salellas, que argumentou que o tribunal “modificou a acusación ao ditar sentenza” e fíxoo de forma sorpresiva.