[Libro] “Cuando se señala la luna -a vueltas con el insurreccionalismo-”

luna-llena-navidad2

Recentemente lin o libro “Cuando se señala la luna: a vueltas con el insurreccionalismo”, unha compilación de textos anónimos (asinada por “Hunos y otros”) que aconsello encarecidamente para quen queira comprender aquelo que dentro do ámbito anarquista ibérico sobre todo (aínda que non só) foi chamado “insurreccionalismo”, e que máis que unha tendencia particular ou unha corrente ideolóxica á que adherirse, representa un conxunto de tácticas, estratexias e enfoques da práctica revolucionaria orientados á intervención directa e inmediata no desenvolvemento da mesma a través do ataque frontal ás estructuras e valores do sistema, e o enfrontamento violento con quen o defende e sustenta.

Máis alá da auto-referencialidade mitómana coa que, ás veces, expresáronse certos discursos que poderíamos calificar como “insurreccionalistas”, e máis alá tamén da falsa crítica, chea de falacias e descontextualizacións, que moitxs “listillxs” intelectuais quixeron formular contra estes métodos, tildándoos de “aventuristas”, “antisociais”, “ególatras” ou “individualistas” e alegando que non servían para “chegar á xente” (un obxectivo quimérico que moitxs semellan agardar cumprir con meras palestras onde recrearse na súa xa mohosa nostalxia guerracivilista), o libro que aquí vos reseño formula un obxectivo doble:

Por unha banda, romper coa mitoloxía “insu” e todo o folclóre espectacular que a rodea, e que sen dúbida nubla o horizonte das loitas con espexismos de falsas vitorias e resultados esaxeradamente bos que, a maioría das veces, só existen nas mentes de quen xa desde dentro do “gueto” anárquico, len ou escoitan a nova do ataque.

Por outra, poñer fin ás sempiternas críticas dun segmento da militancia anarquista (e tamén da cátedra intelectual, a cuxa metástase xs anarquistas non somos inmunes) cara este tipo de prácticas e ao arsenal de reflexións, análises e perspectivas que as sosteñen. Rebatindo (ou polo menos tratando de rebatir, aportando argumentos sinceros e sen falacias mal escritas) as falsas críticas de persoas como Amorós ou de colectivos como Proletarios Internacionalistas (cuxo libro “Crítica de la ideología insurreccionalista” recomendo a calquera que queira saber como NON se debe criticar a perspectiva insurreccional, ou o que NON é o “insurreccionalismo”), o contido de “Cuando se señala la luna” apunta tanto a aquelxs que mitifican e idealizan “o insu” de xeito irresponsable e políticamente inmaduro, coma se actos como causar disturbios e queimar bancos e oficinas gubernamentais fosen a traer a anarquía por sí sós, como (e sobre todo) a quen malinterpreta (se cadra accidentalmente… se cadra) por completo eses postulados levantaron a súa crítica desarmada para tentar desacreditar cunhas formas nada honestas a compañeirxs que puxeron todo en xogo e decidiron tragarse o medo para contribuír con lume, martelos, pedras, pólvora e determinación á consecución de loitas concretas, ou da propia guerra social na súa totalidade.

Unha lectura interesante e aconsellada para aquelxs que a estas alturas manteñen a súa pequena (e patética) cruzadiña persoal contra os grupos e individualidades definidos como “insurreccionalistas”, poñéndoos a caldo desde a seguridade dos seus blogs, perfís en redes sociais ou desde o anonimato dos seus textos, pero tamén para xs que, malinterpretando tamén de xeito non menos ridículo a teoría insurreccional, quixeron convertir unha proposta que fai parte dun conxunto de prácticas e vías de acción moitísimo máis amplo nun mito, en algo que abandeirar ou que convertir nunha nova estética ou nun novo artigo do vulgar mercadillo das ideoloxías.

Ademáis, o libro compila análises de casos onde algunhas compas contribuíron desde estes medios a loitas sociais concretas, como a loita contra a construcción dunha macrocárcere en Bruselas, contra a maquinaria de deportación e represión ás persoas migrantes en París ou en Lecce, contra os desafiuzamentos en Turín ou contra o desaloxo do CSO Banc Expropiat en Barcelona, onde a práctica da sabotaxe, por exemplo, atribuída sempre axs “insus” xogou un papel crucial.

O libro pódese atopar en locais, bibliotecas e espazos libertarios pero se non o atopades pódense solicitar copias a hunosyotros@riseup.net

Custa 5 € e os beneficios van destinados á solidariedade con compañeirxs presxs.

[Libro] “Cuando se señala la luna -a vueltas con el insurreccionalismo-”