A Cova dos Ratos é un centro social autoxestionado 100% vegano situado na cidade de Vigo (Galiza). No local podes atopar obradoiros, palestras, concertos, proxeccións, biblioteca, etc, ademais de desfrutar de pratos e petiscos veganos libres de sufrimento animal.
Agardámostel!
Enderezo: podes atoparnos en rúa Romil nº 3 (baixo) (CP 36202), Vigo-Galiza.
A Cova dos Ratos atópase na rúa Romil nº 3, baixo, (cp 36.302) na cidade de Vigo, Galiza. É un local onde poder facer todo tipo de actividades, presentacións, exposicións, obradoiros, palestras, festas, etc, ademais de poder defrutar de menús, pratos e petiscos 100% veganos. En definitiva é un espazo común, que aposta pola cultura libre e que esta aberto a toda participación. Anímate e achégate polo local.
Se queredes contactar có centro social por cuestións xerais podedes mandarmos un email a comunicacioncova@gmail.com o ben chamando ao teléfono 886 164 365. Para cuestións relacionadas coas actividades facedeo no actividadescova@gmail.com .
Tamén podes atoparnos na páxina do facebook a Cova Ratos.
Horarios do C.S.A. a Cova dos Ratos:
– Horarios de maña: de luns a venres de 11:00h a 16:30h (con menú diario para xantar vegano). Sábados de 12 a 16:30 (habendo comida somentes cando haxa xantar popular)
– Horarios de tarde*: de martes a xoves de 19:00h a 0:00h e venres e sábados de 19:00h a 1:00h.
Os domingos o local ficará pechado e os luns pola tarde aberto só para asembleas ou reunións dos colectivos.
No caso dos festivos consultade as notificacións que se fagan nos taboleiros do local e nos medios web (unhas veces abrimos e outras non)
* En verán o horario de apertura das tardes retrasarase ás 20 hrs.