20 y 21 de marzo en Vigo

tortura22-723x1024

cartazfanzinecamdopalheiro

Xoves 20 ás 20:00′ Palestra Tortura e Represión na cafeteria De Catro a Catro

De ECOAR))) envianos esta Convocatoria da palestra “TORTURA E REPRESIÓN NO ESTADO ESPAÑOL”, na que se poderán escoitar distintos testemuños directos, e que reproducimos para axudar na súa difusión:

O vindeiro xoves, 20 de marzo terá lugar a mesa redonda Tortura e Represión no Estado Español, organizada pola plataforma cidadá ECOAR))). A cita será ás 20:00h., na cafeteria De Catro a Catro (r/ Girona 16, Vigo). No transcurso desta palestra achegaranse os testemuños de diversas persoas vítimas da tortura e a represión, vencelladas a colectivos de acción social e traballo neste eido, e que viviron ou viven de xeito directo os procesos e consecuencias destas prácticas, o que permitirá ofrecer unha panorámica ampla, directa e actual desta problemática aínda presente (e silenciada) en España.

Para tal fin, participarán nesta palestra xs seguintes representantes:

– Óscar Gomes (Activista de CEIVAR)

– Activista da campaña Carceré = Tortura

– Francisco Rodríguez Veloso (Vítima de Torturas)

– Miguel Angel Gomez (membro da Comuna Presxs do Franquismo)

– Flor Baena (Irmá de Xosé Humberto Baena, vítima do Franquismo)

 

Apresentaçom do fanzine Cam do Palheiro no C.S.A. a Cova dos Ratos

Desta vez o fanzine Cam do Palheiro chega até a Cova dxs Ratxs. Apresentara-se numha velada crítica, revolucionária, enxebre, excêntrica, performativa, irónica e mesmo de escárnio, mas sem protagonismo dxs autorxs. A revista tem baixada livre em:

sites.google.com/site/stopespecismo/-libros-mvto-animalista/cam-do-palheiro

Animamos-vos a recuperar um outro infinito naco de vida. A loita nunca morre e, enchoupadxs nas suas correntes, devires, mares, rios e regatos, trazemos sementes de verdade, sementes de hoje e amanhá. Nestes tempos orwelianos de arraigada crise moral, muito mais profunda, endémica e sangrenta que a económica, de contaminaçom informativa, ausência de liberdade de consciência e pensamento, ainda combatemos além do relativismo e o “buenrrollismo” no que moitxs mercachifles, postmodernxs, hedonistas, trepas alternativxs, babosxs, agressores e neopestes varixs se escoltam, encobrem e arrastam. O eido pessoal nom é umha excepçom. Como di umha companheira:

AS REVOLUÇÕES NOM SOM FILHAS DO ESTÔMAGO,
SOM FILHAS DO PENSAMENTO.

A REVOLUÇOM SERÁ ÍNTEGRA OU NOM SERÁ.

Cova dos Ratos