[A Guarda] Sábado 12 de abril no C.S. O Fuscalho, presentación da II edición da Feira do livro anarquista.

Cartaz+presentación+feira+do+livro

Ás 14:00 Xantar solidario coa Feira do livro

Ás 18:00 Proxección / Debate: “A doutrina do shock”

E despois noite de metal no Fuscalho da man das bandas:

His Anxiety (Death metalcore / Vigo)
Mileth (Pagan Metal Galaico / Vigo)
Asegún (Thrash metal – Hardcore / Baixo Miño)

A partir das 22.00 h comezará unha viaxe por distintos estados emocionais, dende a cólerico sonido dos locais Asegún ao desgarrador e enérxico directo de His Anxiety, pasando polo sentir máis enxebre e ancestral dos paganos Mileth, que despois de un ano, reaparecen nos escenarios para presentar o seu novo single: …e na novena onda caeron os deuses.

A entrada será de balde, así que xente do Baixo Miño, non tedes excusa para faltar a esta cita!

-pdt.- Nun outro seu correo notifican varios cambios na programación da II Feira do Livro, que xa mudamos na entrada especial da coluna direita

Abordaxe