[CP A Lama] Borja Martín Gómez, “Volvo”, aparece aforcado na súa cela

denimlove 001

Segundo un falsimedio, o compañeiro Borja Martín Gómez, “Volvo”, “apareceu” morto, aforcado, na cela do módulo de primeiro grao onde estaba encerrado, no cárcere de A Lama, durante o mediodía do pasado venres día 6 de marzo.

Borja era un preso rebelde e reivindicativo que participou, por exemplo, moi activamente na campaña Cárcere=Tortura. Adoitábano trasladar moi a miúdo pola súa susposta “conflitividade” e cada vez que chegaba a unha prisión nova propoñía a todo o mundo participar en xaxúns; animados por el sumáronse moitos compañeiros.

Non nos fiamos nin pouco nin moito nin nada da versión oficial, dado que, coñecendo a Borja, non nos parece que puidese ter o ánimo de aforcarse.

En A Lama, prisión famosa pola violencia e mala fe dos seus carcereiros, morreu tamén supostamente aforcado en abril pasado Eugenio García Serrano, Gavioto, sen que os seus familiares e amigos teñan podido disipar as súas sospeitas de que non fora pola súa propia man.

Recordamos con rabia e cariño ao noso compañeiro Borja, correspondente durante varios anos do noso boletín, e esperamos que lles chegue, a quen lle quixeron, que a xente do Tokata compartimos intensamente a dor pola súa morte.

A continuación, un poema seu que nos enviou en maio de 2011.

A ti, Libertad…

A ti, LIBERTAD, que permaneces en vigilia en el sendero de las ansias.

Que percibes la humedad de las lluvias interminables y el hielo de las nieves perpetuas.

Que sientes los pétalos de una flor negra: la de las tristezas densas.

No sufras…

No estás sola…

No temas.

Pues la vida es un trozo de mármol y nosotros los cinceles que golpean la piedra creando la estatua inacabada de nuestros actos.

Atiende, LIBERTAD,

Atiéndeme ahora que te he encontrado:

Busca en tus nervios la tensa sinfonía de los años muertos y derrama en cada nota el silencio de tus miedos.

No sufras…

No estás sola…

No temas.

Pues nosotros somos los sensibles cinceles

Que rebeldes golpean violentos la piedra.

Borja Martín Gómez