Fieis á máxima “máis vale tarde que nunca”, xa con medio mes virado e con varias actividades consumadas, deixamos aquí o cartaz de setembro do Ateneo Libertario Xosé Tarrío (rúa La Paz nº16, no barrio dos Mallos de A Coruña):
Estas son as actividades as que ainda podedes ir (incluíndo unha prevista para primeiros de outubro que non sae no cartaz):
–Venres 18 ás 20h Presentación da campaña 25/2015 e conversa sobre a situación do preso Carlos Calvo Varela.
–Mércores 23 ás 20:30h Proxección do documental “C.R.E.A. Abrigo e Poder Popular en Toulouse” sobre okupacións para familias inmigrantes en Francia (reseña no jornal MAPA -Aquí), a cargo dos autores do film.
E xa en Outubro:
–Sábado 2 ás 20:00h Presentación do libro “Dejadnos aprender. Reflexiones desde la pedagogía libertaria” a cargo do seu autorManuel Rodriguez “Chelu”.
Despois de todas as actividades haberá petiscos veganos.
As actividades permanentes do Ateneo son:
Luns, mércores, xoves e venres, de 19 a 22h, Biblioteca
Martes de 17 a 20h Nais Contra a Impunidade e asesoría xurídica universal e gratuita
Os luns a partir das 21h asamblea aberta do Ateneo (o luns 28, asamblea de coordinación e xestión, a partir das 20h)
http://ateneolibxosetarrio.blogspot.com.es/