[A Guarda] Sábado 11 de abril a partir das 20hs.- Xornada Solidaria coa III edición do Encontro Anarquista do Libro

cartaz-proxeccic3b3n-concerto-copia

O vindeiro sábado 11 de abril poderedes disfrutar, no C.S. Fuscalho, dunha xornada solidaria coa III edición do Encontro Anarquista do Libro en A Guarda (24, 25 e 26 de abril), dita xornada comezará a partir das 20 horas coa proxección do documental “Ciutat Morta” para despois continuar cunha cea vegana e posterior concerto con “PathetikSS” e “Murdock’s Murder”. Agardamos que sexa do voso interese e que axude a facer menos longo o tempo de espera para esta III edición do encontro.

Proxección/Coloquio: CIUTAT MORTA

En xuño de 2013, un grupo de 800 persoas ocupan un cine abandonado no centro de Barcelona para proxectar un documental. Rebautizan o antigo edificio en honor a unha moza que se suicidou dous anos antes: Cinema Patricia Heras. ¿Quen era Patricia? ¿Por que se quitou a vida e que ten qué ver Barcelona coa súa morte? Isto é exactamente o que se quere dar a coñecer con esta acción ilegal e de grande impacto mediático: que todo o mundo saiba a verdade sobre un dos peores casos de corrupción policial en Barcelona, a cidade morta.

Para máis información: https://ciutatmorta.wordpress.com/

Cea vegana + Concerto:

PathetikSS: Dende o Baixo Minho amosando o que elxs chaman Ruido Terrorista.

http://pathetikssruidoterrorista.blogspot.com.es/2014/12/pathetikss-ruido-terrorista-2014.html

Murdock’s Murder. Veñen dende Coia a demostrar que os macarras tamén teñen un lado sensible.

https://www.facebook.com/pages/Murdocks-Murder/1042037122479895

Os cartos recadados destinaranse para axudar a sufragalos custos de organización do Encontro Anarquista do Libro.

Sen máis, esperamos contar con todxs vos.