Inauguración do “Ateneo Libertario Xosé Tarrio” (A Coruña)

cartel-apertura

Tras longos meses de preparaciòn do proxecto e acondicionamento do local, temos o enorme pracer de anunciar por fin a apertura e inauguración do “Ateneo Libertario Xosé Tarrio”, que abrirá as súas portas o vindeiro sábado 8 de maio no número  16 da coruñesa rúa La Paz (facendo esquina coa rúa Vizcaya, no barrio de os Mayos). O espazo pretende erixirse en ferramenta do movemento contestatario e rebelde da cidade. Promovendo a reflexión, o debate e a difusión da cultura disidente partindo dunha óptica antiautoritaria. Albergará unha biblioteca de temática social e unha distribuidora anticomercial (outros proxectos, como o da radio libre, aínda se atopan en fase de preparación). Tamén será a sede do colectivo “Naiscontra a impunidade” e dun grupo de difusión anarquista.

O acto comezará as 14:30h cun Xantador vegano. Ás 17:00h continuará cunha presentación do colectivo “Nais contra a impunidade” así como outra do Proxecto do Ateneo e Biblioteca Anarquista Xosé Tarrio e rematará con Petiscos veganos e un pouquiño de musica en vivo.

Dez, cen, mil Centros Sociais!!!

Longa e próspera vida ao “Ateneo Libertario Xosé Tarrio”!!!

Estades todxs invitadxs… menos xs policías, que sabemos que tamén mirades Abordaxe.

C.R.

Inauguración do “Ateneo Libertario Xosé Tarrio” (A Coruña)