[A Guarda] Sábado ás 14:00′.- Comedor vegano en solidariedade coas últimas detencións de compañeirxs anarquistas no CS “O Fuscalho”

12196144_1494684787499451_2844783550796053801_n

Reproducimos a información deste evento solidario organizado polos colectivos Mërda Criu (de quen colamos ao final o seu escrito solidario), Ácarxs e Refugalho Ediçons:

Comedor popular este sábado día 7 de novembro as 14:00 horas no CS O Fuscalho en solidariedade coas últimas detencións de compañeirxs anarquistas.

Basta de palabras, as nosas compañeiras e compañeiros nos necesitan, o cárcere non é unha broma.

Para quen lle interese: haberá guiso vegano, patés vexetais e biscoito de chocolate.

O COLECTIVO MËRDA CRIU SOLIDARÍZASE COAS DETIDAS NAS ÚLTIMAS SEMANAS.

AS COMPAS DE STRAIGHT EDGE MADRID E AS COMPAS DA TERCEIRA FASE DE CASO PANDORA.
MÓNICA, FRANCISCO, QUIQUE, GABRIEL POMBO DA SILVA.
TAMÉN COAS INDEPENDENTISTAS REPRESALIADAS.
TODXS SOMOS SUSCEPTIBLES DE SER APONTADXS POLO PODER,
TODXS DEBEMOS RESPONDER ÁS AMEAZAS DO ESTADO-⁠CAPITAL.

NON PODEMOS PERMITIR QUE XS NOSXS COMPAÑEIRXS PISEN O TALEGO.
FAGAMOS O QUE POIDAMOS PARA EVITALO.

SE NOS BUSCAN PORTA POR PORTA, RESISTIREMOS CÓBADO CON CÓBADO.

PROCUREMOS QUE VIVA A ANARQUÍA.