[A Coruña] Charla “sobre a represión ao movemento anarquista” este sábado no Ateneo Libertario Xosé Tarrío

charla-represion-base

Tras da charla prevista para hoxe venres ás 20h no Ateneo Libertario Xosé Tarrío (Rúa La Paz nº16. A Coruña) sobre represión legal e novo código penal e a cargo dun avogado activista, mañá sábado 30 ás 20h comezará o acto de clausura das Xornadas Contra a Represión: a Charla sobre a represión ao movemento anarquista, na que varios activistas afectados polas últimas operaciones policiais contra o anarquismo militante (operación Pandora e Piñata) falarán sobre a súa situación. Pechando así o ciclo de charlas que impartiron por Galiza e, de paso, as Xornadas Antirrepresivas da Coruña. Tanto hoxe como mañá, ao remate das charlas, poderedes degustar exquisitos petiscos veganos.

O sábado se realizará o sorteo das rifas solidarias para o Ateneo coas que podedes gañar fanzines e algún libro (aínda tedes ata o sábado para facervos con elas) e unha subasta de obras de arte (pinturas e fotografías) cedidas polxs artistas para recaudar fundos contra a represión e financiar estas xornadas organizadas pola xente do Ateneo Libertario “Xosé Tarrío” que comezaran lá polo mes de decembro pasado e das que en Abordaxe fumos dando debida conta.

Ateneo Libertario Xosé Tarrío