Xa está lista a 8ª edición do noso boletín, desta volta con carácter monográfico centrado na efeméride do 1 de maio, e na crítica do traballo asalariado e dos métodos dos sindicatos, cunha perspectiva antiautoritaria e revolucionaria. Mudamos nesta ocasión o apartado de Novas polo de Historia, buscando manter viva a chama da memoria colectiva e combativa, contra o mito burgués recuperador do 1 de maio coma unha simple festa baleira dun contido que ameace os seus privilexios. Tamén engadimos algúns textos breves na contraportada. Podes atopalo aquí (lectura en liña) e aquí (descarga). Para atopar os números anteriores mirade aquí. Animamos coma sempre á súa reprodución e difusión pola rede pero sobre todo polas rúas, centros de traballo, de estudo, etc. A continuación o índice de contido:
Portada
- A policía dispara sobre os folguistas do 1 de maio. 4 anarquistas executados.
Historia
- 1º de maio de 1886. Obreiros e anarquistas en Chicago…
- Unha mirada ao anarquismo autónomo e insurrecional na historia dos Estados Unidos.
Opinión
- Unha crítica aos métodos sindicais.
- Rematando coa sociedade industrial e as ilusións da esquerda.
Reseñas
- Queremos tudo!
Contraportada
- Contra o seu mundo de escravas e miseria… envolvámonos no camiño da revolta!
- Rompiches dende hai tempo o teu carné sindical?
- Apéndices
A columna