FERIA ITINERANTE EN OURENSE “FORA DAS PRISIÓNS” GRACIAS E SAÚDE!

cartellibrelibre

PRESENTAMONOS
Somos un grupo de persoas diversas con diferentes experiencias e utopías. Compartimos aidea de visibilizar o silencio do cárcere. Propomos que a xustiza que reclaman as prisións para xustificar a súa existencia é falsa, incoherente e manipuladora. Nós queremos a solidariedade non o castigo.

¿QUÉ É A FEIRA ITINERANTE?
Un proxecto solidario coas persoas privadas de liberdade que percorrerá varios lugares da cidade de Ourense para recortar a distancia entre dentro e fóra.

Semanalmente poderás visitar a exposición “A Arte como Arma”, integrada por libros, poemas, e debuxos realizados por presas/os. E os outros puntos que compoñen á feira: punto de recollida de material, espazo para cartearte cas persoas presas, biblioteca con material escrito dentro e fora do cárcere.

¿POR QUÉ?
Porque pensamos que as prisións crean impotencia e reforzan a desesperación. Non dan solución aos problemas sociais senon que causan máis miseria ao tempo que enriquecen a quen as controlan. Porque non confiamos nos seus programas de reinserción e reeducación e
moito menos nas súas necesidades para o castigo e a tortura. Porque queremos unhan realidade baseada no apoio mutuo, unha resposta á soidade e ao aillamento dos muros.

¿PARA QUÉ?
Para visibilizar a realidade dxs presxs a través das súas voces. Para botar unha man ante as necesidades que xeran a reclusión e a marxinalización. Achegar a realidade deste dispositivo de control e punición nun momento no que a represión aos movementos sociais e a criminalización da pobreza e da solidariedade son evidentes.

ACHÉGATE!
Xuntámonos durante o mes de maio en diferentes bares de Ourense.
Achégate para coñecer a realidade das cadeas. Achégate para escribirlles, para colaborar traendo selos, sobres, roupa, calzado ou materiais de lectura que podan precisar as persoas presas. Escríbenos se queres compartir as túas experiencias
Participa se queres axudar a construir este proxecto.
CONTACTO: gzsolidaria@riseup.net

Descargar el folleto