[Pontevedra] Novo zine da distri Polaris (en castelán): “Género, Identidad, Deseo. Patriarcado, Heteronorma y Represión”

portada-gc3a9nero

As compas da Distribuidora Anarquista Polaris de Pontevedra veñen de tirar este seu novo zine, e nos enviaron un correo para que lle demos pulo. Colamos (se ben traducimos antes ò galego) o texto que nos enviaron e máis as ligacións ò seu blogue para descargalo ou lelo:

Escribímosvos para compartir nosa nova edición, un pequeno zine cun texto titulado “Género, Identidad, Deseo. Patriarcado, Heteronorma y Represión” escrito por un/unha de nós e onde, partindo dunha análise pormenorizada dos dogmas principais da civilización patriarcal na que, ao noso pesar “vivimos”, se intenta aclarar a diferenza entre conceptos de sexo biolóxico, identidade de xénero e expresión de xénero, buscando evitar confusións e avanzar nun debate e cuestionamento que nos permita liberarnos do xénero e as súas opresións, tanto aquelxs que teñen un devir trans como xs que, nunha posición privilexiada (na medida que non teñen que lidar coas numerosas dificultades que supón afastarse da heteronorma nesta sociedade), temos deber de pulir as nosas actitudes, linguaxe, xestos… en definitiva, o noso xeito de comportarnos e interactuar con xs demais, co fin de librarnos dos condicionamentos que nos converten en opresores e fannos parte das maquinarias do xénero, que trituran emocións e sentimentos, mutilan corpos, trastornan mentes e asasinan a diario, con armas letais en forma de psicofármacos, terapias, encerro, marxinación, depresión, medo e auto-odio.

Cremos que demoler os templos da Heteronorma é fundamental nesta guerra contra toda Autoridade, pois non é posible cambiar o que hai aí fóra se antes non limpamos de merda o noso interior, e as relacións que creamos constantemente entre nós e co noso ámbito circundante.

O fanzine está dedicado á memoria de Leelah Alcorn, unha xoven trans de 17 anos que se suicidou poucos días antes de fin de ano en EUA, farta da súa nai e o seu pai que a forzaban a comportarse como un home só por nacer con xenitais masculinos, e que, mesmo despois de poñer fin á súa vida tirándose contra un camión en marcha, continuaron chamándoa polo seu nome de nacemento, Joshua (do que ela renegaba) e tratándoa de “el”. Ao final do fanzine, inclúese a carta que Leelah deixou antes de suicidarse no seu perfil da rede social Tumblr. Esperamos que inspire novos debates co fin de que esta clase de atrocidades deixen de producirse, e os seus responsables paguen por cada morte.

Para descargar o fanzine:

Portada
Corpo

Ver outras edicións propias do noso colectivo (todas tambén en castelán)