[Vigo] Martes 3 de marzo às 20h.- Concentración Contra a Represión

contrarepresion

LOITANDO CONTRA Á REPRESIÓN

Condeamos sen paliativos a represión posta en marcha dende o Ministerio do Interior para criminalizar a loita sindical e social, querendo “facer un problema de orde pública” onde tan só hai loita contra a inxustiza social e en defensa dos dereitos e os servizos públicos.

As ordes dadas pola Fiscalía Xeral do Estado para que se lle pidan penas de cadea a todas as persoas que pasen a disposición xudicial, tras ser detidas por participar en piquetes, concentracións, escraches, manifestacións, etc. están levando a ter centos de casos na actualidade, onde se están pedindo penas de prisión de 2, 3, 4, 5 e ata 9 anos de cadea por feitos que non causaron danos de ningún tipo.

Pola contra, por casos que tiveron graves consecuencias, como o caso Arena no que perderon a vida cinco mozas, o fiscal está pedindo catro anos de cadea para o único acusado por “cinco homicidios imprudentes graves”, por poñer un exemplo. A xustiza distingue moi ben a loita de clases, metendo na cadea ás persoas da clase obreira e casos moi especiais da clase dominante. Nestes mínimos casos os indultos, recursos, prescripcións rematan por poñer en liberdade rapidamente aos “seus” condeados.

Todo isto acontece antes de entrar en vigor a nova Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, máis coñecida como Lei Mordaza, que aumenta as penas que ata agora eran “faltas” ao grado de “delito” e derivan outros a sancións administrativas sometendo a completa indefensión á poboación en xeral e as activistas sociais e sindicais en particular.

Casos concretos como os seguintes son só unha mostra da represión desatada polo goberno:

Xurxo, Diego e S., ao primeiro pídenlle 2 anos e medio de cadea por participar na resistencia á colocación dun barco nunha rotonda do barrio de Coia;
– Urtzi e Telle, mozos vascos condeados a dous anos e medio de cadea por facer pintadas perante a manifestación da folga Xeral do 29-M, que xa están cumplindo condea;
– Carlos e Carmen, condeados a tres anos de cadea por participar nun piquete da folga Xeral do 29-M en Granada;
– Alfon, mozo antifeixista detido sen causa algunha na folga Xeral do 14-N, condeado a 4 anos de cadea;
– Pablo e Jorge, mozos de Logroño, militantes de CNT aos que se lles pide 7 e 9 anos de cadea por participar no 14-N;
– Laura Gómez e Eva Sánchez ás que piden 2 anos e seis meses por queimar uns billetes de xoguete o 29-M diante da Bolsa de Barcelona;
– As 14 persoas do 15M identificadas en Madrid na manifestación do 15.05.2011 para as que se lle piden 74 anos de cadea;
– Miguel e Isma, detidos tralo 22-M que pasaron 82 e 72 días en prisión preventiva;
– Eva e Rodrigo, o caso de “Cuatro Caminos Cuenca”, a fiscalía lles pedía 7 anos e medio, no primeiro xuízo. Eva foi absolta e Rodrigo condeado a 8 meses por “resistencia á autoridade”;
David, Sergio, Hueso e Javi, detidos o 14-N en Xixón para os que lles piden dous anos e catro meses de prisión;
Noelia Cotelo Riveiro, privada de liberdade baixo estrictos réximes de illamento, entrou en cadea dous anos e catro meses de cadea;
María Otero Martínez, á espera de xuízo cunha petición desorbitada de 8 a 13 anos de cadea;
As anarquistas do Caso Pandora, detidas o 16 de Novembro de 2014;
As miles e miles de multas e sancións impostas por convocar ou participar en movilizacións; e un longo, moi longo etcétera.

A Reforma Laboral de febreiro de 2012, é unha lei non só desreguladora dos dereitos laborais, se non á vez, é unha lei represiva sobre millóns de persoas traballadoras: Nestes tres anos, máis dun millón de traballadoras, viron cernado o seu dereito fundamental por excelencia, o dereito a gañar o pan; a negociación colectiva e a cobertura dos convenios baixaron máis de 25 puntos; a depreciación e a baixada de salarios, situaron o salario máis frecuente en menos de 700 €; a saúde laboral deteriorouse seriamente perante empeoramento das condicións do traballo e a liberdade absoluta do empresario, conformaron un control case absoluto sobre as traballadoras, convertíndose nun modelo de relacións laboráis prácticamente feudais.

Á vez, a Reforma Laboral dotou ao empresariado de impunidade ante actos de violación dos dereitos fundamentais das traballadoras, e ao igual que a futura lei Mordaza, constitúen nun estado continuo de excepción, onde a única seguridade é a dos negocios, o sacrosanto beneficio patronal.

[Vigo] Martes 3 de marzo às 20h.- Concentración Contra a Represión