Colamos este correo enviado polo colectivo Mërda criu
¿Algunha vez vos preguntáchedes cal é a inudustria máis contaminante do planeta? ¿Existen alternativas a estes modelos tan destructores? Sobre este e outros temas queremos profundizar e debatir o día 10 de outubro.
Comezaremos ás 19.30 coa charla introductoria “Gandeiría e Impacto Ambiental” a cargo dun dos compas do colectivo.
Ás 20.00 proxectaremos o documental:“Cowspiracy, o segredo da sostenibilidade.” Aquí vos deixamos o trailer:
https://www.youtube.com/watch?v=pYLeEk7JbXE
Ás 21.30 será o CONCERTO DE DESPEDIDA de The Javi Bombín Experience, acompañado por Ronaldo Fuego.
Durante todo o transcurso da xornada haberá biscoitiños de chocolate e zumes naturais para merendar. Pra cear teremos empanada.
Todo libre de sufrimento animal e a prezos populares.
Os beneficios destinaranse íntegramente a Santuarios Animais do territorio galego.
Acudide, difundide, reflexionade, amade.