[A Guarda] Sábado 10 outubro.- Xornada en defensa da terra no C.S. Fuscalho

12063657_1486356228332307_1933230561347654075_n

Colamos este correo enviado polo colectivo Mërda criu

¿Algunha vez vos preguntáchedes cal é a inudustria máis contaminante do planeta? ¿Existen alternativas a estes modelos tan destructores? Sobre este e outros temas queremos profundizar e debatir o día 10 de outubro.

Comezaremos ás 19.30 coa charla introductoria “Gandeiría e Impacto Ambiental” a cargo dun dos compas do colectivo.

Ás 20.00 proxectaremos o documental:“Cowspiracy, o segredo da sostenibilidade.” Aquí vos deixamos o trailer:
https://www.youtube.com/watch?v=pYLeEk7JbXE

Ás 21.30 será o CONCERTO DE DESPEDIDA de The Javi Bombín Experience, acompañado por Ronaldo Fuego.

Durante todo o transcurso da xornada haberá biscoitiños de chocolate e zumes naturais para merendar. Pra cear teremos empanada.

Todo libre de sufrimento animal e a prezos populares.
Os beneficios destinaranse íntegramente a Santuarios Animais do territorio galego.

Acudide, difundide, reflexionade, amade.