Novo Boletín Mensual Abordaxe.- O nº 1 de outubro xa está nas rúas e agora disponible en pdf

boletin abordaxe 1

A equipa que formamos Abordaxe acordamos hai tempo ampliar as nosas miras mediáticas co gallo de tentar cubrir os máis dos espazos e lugares aos que poidamos achegar a nosa información. Con este motivo decidimos editar este boletín informativo con tirada mensual, en papel (e en formato pdf) ao que lle adicamos un espacio reservado na nosa coluna dereita.

Este que vos ofrecemos agora é o primeiro número do que agardamos sexa un proxecto de longa vida. Alén estaríamos agradecidas a quen quixer axudar na súa difusión en papel pola Galiza adiante (e polo resto do mundo), para o que colamos acá o enlace para a súa descarga (e/ou leitura en rede) e animamos a imprimilo, fotocopialo e repartilo por onde quixeres:

Abordaxe, Boletín Anarquista. nº 1. Galiza, Outubro 2015

Estes son as temáticas tratadas neste nº 1 no que adicamos a portada a un dos temas máis candentes do momento: Refugiados: nem Deus, nem Amo, nem Estado.

· Novas:

– Nacen novos proxectos antiautoritarios e anticapitalistas na Galiza
– Na memoria de Carlos Midón
– Un erro na redacción do novo Código Penal rebaixa a categoría do delito de Okupación.
– España é o terceiro país que máis esquilma os recursos pesqueiros somalís
– Texto difundido no mes de setembro durante a exposiçom 25/2015 do preso Carlos Calvo Varela
– Acerca do compañeiro Gabriel Pombo da Silva e dos macrocárceres
– Semana solidaria coas presas anarquistas

· Reflexión:

– No cárcere das opinións x Massimo Passamani

· Reseñas:

– [Revista] Avalancha, correspondencia anarquista. Editorial do cuarto número
– [Documental] “Cando as Árbores Matan”. Negocio forestal e destrución socio-ambiental
– [Libro] “Que la lucha no muera. Ante la adversidad: rebeldía y amistad”. Novo libro de Xosé Tarrío con introducción da súa nai Pastora·

Grazas de antemán a todas as persoas que colabouren na súa difusión.